• Skip to main content
  • Skip to secondary menu
  • Skip to primary sidebar
  • Publicar libro con ISBN
    • Publicar un trabajo fin de grado (TFG) como libro con ISBN
  • Enviar artículo Revista
    • Revistas
      • Comité Editorial
      • Medicina
      • Enfermería
      • TCAE
      • Técnicos
      • Personal Administrativo y de Gestión
      • Servicios Generales
      • Total Staff
  • Publicar capítulo de libro
  • Contacto
  • Sobre OCRONOS
  • Catálogo

Ocronos - Editorial Científico-Técnica

Revistas científicas, libros con ISBN

  • Revista Médica Ocronos
  • Revista de Enfermería Ocronos
  • Revista Ocronos TCAE
  • Revista Ocronos Técnicos
  • Revista Ocronos Servicios Generales
  • Revista Ocronos Personal Administrativo y de Gestión
  • Revista Ocronos Total Staff
Portada » Situación de aprendizaxe “As Meigas”

Situación de aprendizaxe “As Meigas”

septiembre 17, 2023

Índice

  • Resumen
  • Novos termos na LOMLOE. (Lexislación)
    • Perfil de saída
    • Competencias clave e perfil de saída
  • Perfil de Saída para 2º ESO
  • Índice
aprendizaxe-meigas

ISBN: 978-84-1142-416-5

© Luis Vázquez López, Sonia Conde Fernández

https://doi.org/10.58842/EHWR9239

Acceso directo al libro completo: Situación de aprendizaxe “As Meigas”

Resumen

Introdución de novos termos na LOMLOE (Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa) relacionados co perfil de saída dos estudantes e as competencias clave. Define o perfil de saída como a concreción dos princípios e fins do sistema educativo na educación básica e destaca a importancia das competencias clave.

También se aborda o proceso de ensino e aprendizaxe en matemáticas e xeografía e historia, con énfase en metodoloxías cooperativas e baseadas en retos. O obxectivo é involucrar aos estudantes na resolución de problemas complexos relacionados coas tradicións galegas, como as Meigas, e promover a aprendizaxe activa e a colaboración.

O texto tamén describe o contexto formal no que se desenvolve a experiencia educativa e sinala a importancia da diversidade de estudantes e da adaptación curricular.

Por último, menciona a avaliación formativa ao longo do proxecto, incluíndo o uso de rúbricas e coavaliación para avaliar o rendemento dos estudantes.

En conclusión, o texto aborda a introdución de novos termos na lei educativa, o perfil de saída dos estudantes, as competencias clave, metodoloxías de ensino e aprendizaxe, o contexto formal e a avaliación formativa nun proxecto educativo relacionado coas Meigas dentro das tradicións galegas.

Explicando paso a paso como levar a cabo dita actividade para xerar como producto final un podcast.

Novos termos na LOMLOE. (Lexislación)

Perfil de saída

Perfil de saída: concreción dos principios e fins do sistema educativo referidos á educación básica que fundamenta o resto de decisións curriculares, así como as estratexias e orientacións metodolóxicas na práctica lectiva. O perfil de saída identifica e fixa as competencias clave que o alumnado debe adquirir e desenvolver ao finalizar a educación básica, e constitúe o referente último sobre o nivel de desempeño competencial esperado tanto na avaliación das distintas etapas e modalidades da formación básica, como para a titulación en educación secundaria obrigatoria a través dos correspondentes descritores operativos.

Competencias clave e perfil de saída

As competencias clave da etapa de secundaria (artigo 8, Decreto 156/2022, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia), para os efectos deste decreto, son as seguintes:

  1. Competencia en comunicación lingüística (CCL).
  2. Competencia plurilingüe (CP)
  3. Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM).
  4. Competencia dixital (CD).
  5. Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA).
  6. Competencia cidadá (CC).
  7. Competencia emprendedora (CE).
  8. Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC).

Ten por obxecto garantir o desenvolvemento das competencias clave previsto no perfil de saída.

Perfil de Saída para 2º ESO

  • Desenvolver unha actitude responsable a partir da toma de conciencia da degradación do ambiente e dos malos tratos animais baseada no coñecemento das causas que os provocan, agravan ou melloran, desde unha visión sistémica, tanto local como global.
  • Identificar os diferentes aspectos relacionados co consumo responsable, valorando as súas repercusións sobre o ben individual e o común, xulgando criticamente as necesidades e os excesos e exercendo un control social fronte á vulneración dos seus dereitos.
  • Desenvolver estilos de vida saudable a partir da comprensión do funcionamento do organismo e a reflexión crítica sobre os factores internos e externos que inciden nela, asumindo a responsabilidade persoal e social no coidado propio e no coidado das demais persoas, así como na promoción da saúde pública.
  • Desenvolver un espírito crítico, empático e proactivo para detectar situacións de inequidade e exclusión a partir da comprensión das causas complexas que as orixinan.
  • Entender os conflitos como elementos connaturais á vida en sociedade que deben resolverse de maneira pacífica.
  • Analizar de maneira crítica e aproveitar as oportunidades de todo tipo que ofrece a sociedade actual, en particular as da cultura na era dixital, avaliando os seus beneficios e riscos e facendo un uso ético e responsable que contribúa á mellora da calidade de vida persoal e colectiva.
  • Aceptar a incerteza como unha oportunidade para articular respostas máis creativas, aprendendo a manexar a ansiedade que pode levar aparellada.
  • Cooperar e convivir en sociedades abertas e cambiantes, valorando a diversidade persoal e cultural como fonte de riqueza e interesándose por outras linguas e culturas.
  • Sentirse parte dun proxecto colectivo, tanto no ámbito local como no global, desenvolvendo empatía e xenerosidade.
  • Desenvolver as habilidades que lle permitan seguir aprendendo ao longo da vida, desde a confianza no coñecemento como motor do desenvolvemento e a valoración crítica dos riscos e beneficios deste último.

Índice

Resumen        

  • Novos termos na LOMLOE. (Lexislación)   
  • Perfil de Saída para 2º ESO           
  • Liñas de Actuación no Proceso de Ensino e Aprendizaxe    
  • Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe de Matemáticas
    • Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe de Xeografía e Historia     
  • Contexto Formal    
  • Xustificación         
    • Descrición
    • Metodoloxía          
      • Metodoloxía de Aprendizaxe Cooperativa  
      • Metodoloxía de Aprendizaxe baseada en retos      
    • Produto Final        
    • Avaliación 
  • Concreción curricular        
  •       Área 1: Matemáticas    
  • Saberes básicos   
  • Área2: Xeografía e Historia
    • Saberes básicos   
  • Secuenciación didáctica    
  • Recursos didácticos         
    • Agrupamentos e espazos  
    • Deseño de actividades      
    • Diana de coavaliación e autoavaliación: situación de aprendizaxe “as meigas”     
  • Deseño universal de aprendizaxe (dua) na situación de aprendizaxe: as meigas     
  • Aplicamos as pautas do deseño universal para a aprendizaxe á situación de aprendizaxe: As Meigas 

Bibliografía e Webgrafía

Biografía dos autores

Primary Sidebar

ocronos-editorial-cientifico-tecnica

INDEXACIONES REVISTA OCRONOS

  • ISSN 2603-8358 Ocronos (Ed. electrónica)
  • ISSN 2695-8201 Ocronos (Ed. impresa)
  • Depósito legal: CA-27-2019
  • Latindex
  • Dulcinea (CSIC – España)
  • Catálogo de la Biblioteca Nacional de España
  • Red de Bibliotecas Públicas de Andalucía. Sistema Andaluz de Bibliotecas y Centros de Documentación
  • Directorio ELECTRA, Consejería de Cultura, Junta de Andalucía

 

Más información sobre indexaciones y carácter científico de la revista Ocronos

Copyright © 2026 · Editorial OCRONOS - Aviso legal - Política de privacidad - Política de cookies - ​(Revista Ocronos: ISSN 2603-8358 - depósito legal: ​​CA-27-2019)

ATENCIÓN: Los contenidos publicados por Editorial Ocronos, tanto en esta web como en sus revistas, redes sociales y comunicaciones electrónicas, tienen carácter informativo y divulgativo. Están dirigidos a profesionales del entorno científico y técnico. Las obras reflejan exclusivamente la opinión, experiencia o investigación de sus autores, quienes asumen la plena responsabilidad de sus contenidos, así como el cumplimiento de los derechos de autor del material utilizado.. Ocronos no garantiza la exactitud, vigencia ni aplicabilidad práctica de la información publicada, ni asume responsabilidad por errores, omisiones o interpretaciones derivadas de su uso. Los textos no constituyen asesoramiento médico, diagnóstico, prescripción terapéutica ni recomendación profesional personalizada. Las decisiones clínicas o personales deben adoptarse siempre bajo el criterio independiente de un profesional cualificado y basarse en fuentes oficiales actualizadas.

Ir a la versión móvil